O 28 de xaneiro de 2017 remataron as asembleas sinodais. Ver Ponencias aquí.  Mensaxes finais aquí. E o 29 de abril foi a misa de clausura e a presentación do Documento final.


INAUGUROUSE O SÍNODO DIOCESANO

   O sábado día 8 de outubro inaugurouse o Sínodo Diocesano. Despois da Misa de apertura, que se celebrou ás dez da mañá na catedral, presidida polo arcebispo compostelán monseñor Julián Barrio, cento setenta persoas, entre sacerdotes e laicos, comezaron a primeira de varias sesións nas que se abordarán os temas que afectan á Igrexa da nosa terra, segundo as propostas que se foron recollendo das parroquias e outras comunidades ao longo do últimos tres anosHomilía da Eucaristía
O primeiro proxecto a abordar analiza a situación das parroquias e ofrece propostas para mellorar e dinamizar as estruturas pastorais da diocese. En sucesivas sesións presentaranse documentos con aportacións relativas ao anuncio da fe, ás celebracións cristiás, ao modelo de Igrexa ou á relación do cristián coa sociedade.
A finalidade do Sínodo é aconsellar ao arcebispo, que é quen o convoca, sobre os temas que el mesmo propuxo, para marcar liñas de actuación comúns en toda a diocese. As outras asembleas sinodais celebraranse o 22 de outubro, os días 12 e 26 de novembro e o día 17 de decembro. A clausura está prevista para o sábado 21 de xaneiro.


¡Benvidos!
O noso Sínodo segue avanzando collido da man co Ano Xubilar extraordinario da Misericordia e co Plan pastoral diocesano.  Ocurréuseme a principios deste 2016 recoller algúns materiais co desexo de compartilos e, imitando a María, ir gardando todas estas cousas meditándoas no meu corazón.  Espero que vos guste e vos sirva.
 
¿Que é o noso Sínodo Diocesano?
¿Por que se celebra agora?
¿Para que celebrar un Sínodo na nosa Arquidiocese?
¿Como podemos participar no noso Sínodo?

Comisión Preparatoria

Comisión Xeral

Consello de Presidencia

  Sínodos 1747, 1891 e 1909 Breve cronoloxía
mapa1

Arquidiocese compostelán.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Extracto da homilía de Mons. Barrio na misa de clausura do Sínodo o 29 de abril de 2017 na Catedral compostelana.

Firma de mons. Barrio del Documento Final del Sínodo Diocesano 29 abril 2017
Inauguración 8 outubro 2016-Primeira Asemblea sinodal
Primeira Asemblea sinodal
Sínodo diocesano de Santiago de Compostela. Programa Polo Camiño da fe (6-11-2016) Cortesía da Televisión de Galicia.
Mons. Jesús Fernández Bispo auxiliar en “Polo camiño da fe” (20-4-2014)
Rvdo. Luis Otero Outes en “Programa Iglesia en Galicia” (22-2-2013)
Barciela-Sigüeiro